Acto pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Protagonista:
Centro de Información á Muller Chantada
O Centro de Información á Muller de Chantada organiza o seu acto conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Será un acto aberto no que o Concello de Chantada convida á veciñanza a participar o 25 de novembro ás 12.00h. no contorno do auditorio, Praza de Galicia. Lerase un manifesto institucional a cargo do alcalde e posteriormente intervirá o alumnado dos centros escolares da vila.