39ª Feira do Viño de Chantada. O reencontro co viño, co territorio e coa xente

Chantada
12 Xuño 2022
Viño
Redacción | 12 de xuño de 2022
Na Feira do Viño de Chantada participaron preto dunha quincena de adegas. Foi a volta do contacto entre veciñanza, adegueiros e visitantes nunha cita moi simbólica despois da pandemia iniciada xusto despois da última celebración deste evento en 2020.
O pregogueiro deste ano, o escritor Anxo Angueira, pdte. da Fundación Rosalía de Castro, destacou a cultura do viño e a cultura que nos fixo resistir aos tempos de peche e afrontar o futuro prestando máis atención á creación cultural.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis