A comunidade, máis que patrimonio e o territorio, máis que unha marca
Hai unha semana celebrouse
en Pantón o Foro Territorios Patrimonio, e durante dúas xornadas numerosos
relatores participaron en diversas mesas nas que a comarca e a declaración de
Patrimonio da Humanidade foron o argumento e o eixo. Con máis ou menos críticas
sobre a presenza ou ausencia de actores estritamente locais en tal foro, o
certo é que a amplitude temática e de voces especialistas en distintos ámbitos,
deixou pousos de enorme valía que cómpre colleitar neste intre de catarses
varias.
O relanzamento da
candidatura a Patrimonio Mundial despois da marcha atrás forzada polo informe
negativo do ICOMOS foi xa motivo de debate daquelas. Hoxe a decisión (por parte
da Adminsitración) está tomada e non cabe moito xa debater se é convinte seguir
adiante co proceso.
O importante agora é ver
como se vai facer desta volta e se aprendemos a lección. Deixar atrás o drama
para quen persegue o fin da declaración e ver este novo momento como unha
oportunidade é unha idea que subxace tamén na voz de partes fundamentais no
proceso como é a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen
Martínez Ínsua. Agora, o mellor é pensar, e tal e como se reflectiu aquí e en
moitos outros foros, que non é tan importante o destino coma o camiño. O xeito
de facer esta viaxe e o enfoque que se lle dea a esta nova quenda da
candidatura dirá moito sobre o fin verdadeiro e sobre o estado de saúde do
territorio cando chegue ao destino que sexa.
“El camino es pedregoso, pero fructífero”
Pedregoso e longo. Unha das
coordinadoras do debate no foro de Augas Santas foi Mónica
Luengo,vicepresidenta de Icomos- España. Experta en Patrimonio e vencellada á
candidatura do Paseo do Prado e do Retiro ante a Unesco, que sí foi adiante na
última convocatoria, sinalou exemplos de territorios nos que baseándose nas
pegas que se lles puxeron “el bache en
el camino les ha servido para reflexionar y mejorar muchos aspectos”. Un exemplo
é o de Menorca, que a raíz dunha mala avaliación por parte deste organismo “ha
introducido nuevas figuras y le ha servido para redondear su plan territorial”.
Luengo tamén mencionou que existen infinidade de candidaturas patrimonias e
territorios que “no sólo mejoraron el expediente sino sus propuestas de gestión
y de protección del patrimonio y sus estrategias de turismo”.
A historiadora, integrante
do organismo asesor da Unesco, apuntou nesta liña que “ el listón es muy alto a
nivel mundial” e recoñeceu que “es muy complicado; Es más frecuente este tipo
de informes negativos que llegar a entrar en la lista”. Sen embargo, sinalou,
“estoy segura de que Ribeira Sacra estará algún día inscrita”.
Luengo afirmou que unha das
lecturas que poden tirarse da experiencia noutros territorios é que o turismo
se vai perfeccionando cada vez máis, dixo. Pero, en que consiste esta mellora do
turismo?
No foro tamén saíron esas
distintas visións sobre os enfoques turísticos que conviven nesta Ribeira
Sacra, e tamén se verbalizaron, por parte de Luengo, as grandes preguntas
constantes que moitas nos facemos e outras, nin sequera: As consecuencias dunha
actividade turística masiva, os posibles problemas da accesibilidade ou o caso suposto de “morrer de éxito”...
As respostas, máis que
inmediatas no debate, van estar neste reinicio do camiño que debe ser meta.
A experta do ICOMOS deixou
claro que a Ribeira Sacra soa xa entre os destinos turísticos tamén
internacionais, pero non deixou de poñer sobre a mesa grandes cuestións e
tensións como a salvagarda do territorio e o mantemento dos valores naturais
ante un uso máis intenso do territorio.
Enrique de Salvador,
Director do Instituto de Estudos do Territorio, puxo en valor a figura da
Reserva da Biosfera que xa é a Ribeira Sacra dende hai uns meses como un
posible escudo ante a presión da actividade turística. Defendeu as limitacións
de acceso a espazos protexidos a través dun turismo responsable.
Nesta parte a directora da
Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, subliñou que “en Galicia queremos un
turismo tranquilo”. Castro apuntou que o turismo é compatible coa protección e
as limitacións e puxo como exemplo desta política as restricións que nun
momento dado tiveron que poñerse en marcha para o acceso á Praia das Catedrais.
Se cadra, na Ribeira Sacra,
aínda estamos a tempo de poñer os bois antes que o carro ou o remedio antes da
enfermidade. Por aquilo de que máis vale previr, son estas cuestións que
conectan precisamente con ese concepto máis de territorio que de marca ao que
nos preferimos amarrar. Cuestións que son estratéxicas se verdadeiramente se
vai primar a participación da comunidade local dun xeito máis evidente e
directo.
Participación da comunidade e “custodios locais”
Este aspecto está, polo
menos, na nova teorización do proceso e na reactivación do expediente. E sempre
tería existido, segundo a responsable de Patrimonio Cultural da Xunta, quen
sinalou no foro Territorios Patrimonio que “cuando se empezó a trabajar
entendimos que la conexión con la población era lo más importante”. Martínez
Insua apuntou aquí que “desde el punto de vista de la administración, a veces es difícil tener una conexión real;
Participar en estos foros te acerca a las necesidades de la comunidad”.
Nesta liña, Mónica Luengo
apuntou que é fundamental “el traspaso de los saberes tradicionales, que son
los que hacen sostenible ese valor de la tradición” neste momento no que parece
que “ estamos volviendo a la tierra y al paisaje”. Así mesmo engadiu que “Nunca
jamás el valor añadido del territorio ha supuesto una restricción para la
comunidad que lo habita. Todo lo contrario a largo plazo” e que deica o momento
“la candidatura ha contribuido en gran medida a poner unos mecanismos de
gestión y protección que han logrado mejorar mucho”.
O modelo dos contratos custodia
Se a paisaxe é o gran valor
e a paisaxe é todo o que vemos, cobra interese a idea do fomento do coidado da
paisaxe a través da remuneración específica a quen a mantén. Os pagos directos
aos agricultores ou propietarios polo coidado da paisaxe cultural é unha realidade noutros territorios e unha
proposta importable a poñer sobre a mesa. O exemplo da rexión vitivinícola de
Lanzarote, na que o Cabildo ten en marcha un programa neste eido que prima o
quilo de uva que se cultiva na paisaxe volcánica foi un exemplo que achegou o
público neste foro.
Neste punto, opinións como a
de Nava Castro, directora xeral de Turismo, avogan máis por darlle prioridade
ao apoio directo das actividades
económicas no territorio como un xeito de mantelo “vivo” e dar posibilidade ao
relevo xeracional. “ O peor que podería
pasar é que se acabe a vida, a actividade” para “que a Ribeira Sacra non sexa
un museo do que foi a Ribeira Sacra”, apuntou.
A discusión trae de novo a
figura da reserva da biosfera que “ veu para quedarse” , segundo apuntou aquí o
director de do Instituto de Estudos do Territorio e que atraería investimentos
cuxo xestor sería a propia administración e preténdese que tamén asociacións e
colectivos do territorio.
A nova estratexia da
candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade integra moi ben no
discurso oficial a participación da comunidade local, o protagonismo da
veciñanza. Demostrarase andando, nesta nova parte do camiño. Porque a
veciñanza, claro, é tamén Patrimonio, pero non esquezamos que, sobre todo, é
Humanidade.