A mostra dos viños de Pantón marídase con múltiples actividades

Pantón
3 Maio 2023
Viño
Redacción | 3 de maio de 2023
O Concello de Pantón celebra os días 13 e 14 de maio a XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.Nesta XXVIII edición participan 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado.
O Concello de Pantón celebra os días 13 e 14 de maio a XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Para presentar esta edición escolleuse a adega Alma das Donas en Pombeiro. A concelleira, Cristina Domínguez, aseguraba que a convocatoria tiña dous atractivos destacados, por unha banda a paisaxe do lugar escollido e por outra a presentación dunha das citas máis importantes no calendario do concello de Pantón.
O alcalde, José Luis Álvarez, destacou a importancia desta cita para promocionar o municipio e os seus viños, os únicos con uvas das 3 ribeiras, Miño, Sil e Cabe, como recolle o cartel desta edición. O rexedor animou á participación, “Invito a quen acostuma visitarnos e a quen queira achegarse a Pantón, a participar da Mostra para gozar cos viños da última colleita no único concello que ten tres ribeiras na D.O. Ribeira Sacra”.

Nesta XXVIII edición participan 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado e 15 minutos despois será a inauguración por conta do Conselleiro de Medio Rural, José González.

O resto da programación da Feira é a seguinte:

SÁBADO
 13:15 Entrega de premios do VIII Concurso Fotográfico Red Ribeira Sacra – Viticultura Heroica e actuación de batucada de Baturruka Monforte
 14:30 VI Festa de Empanada no recinto do Castro
 21:30 Concerto do Grupo América
 23:00 Música a cargo do Grupo Malenne
 00:30 Actuación do grupo América

DOMINGO
 12:30 Recepción de autoridades no recinto feiral
 13:00 Pregón da XXVIII Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón a
cargo do xornalista e comentarista deportivo, Tomás Guasch
 16:30 O folión Xograres de Lemos, acordeón
 19:00 Actuación da orquestra Saudade

Nas dúas xornadas contarase con música durante todo o día, o sábado coas charangas Km0 e Leña Verde e o domingo coas charangas Europa e Unión Phenosa. Contarase con servizo de autobuses con Monforte e Escairón. As saídas desde Monforte serán ás 13:00 e 19:30 e as saídas desde Escairón ás 13:45 e 20:15. Os regresos a Monforte serán ás 2:00 e ás 3:00 e os regresos a Escairón serán tamén nese horario. Despois desta Festa de Interese Turístico de Galicia, Pantón acollerá unha nova edición das xornadas da Rota do Románico.



Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis