Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 28 de xaneiro de 2019
Airas Moniz é o nome dun trovador medieval das terras do
Asma, pero tamén o dun proxecto agroalimentario que sabe a queixo e que está
feito de paixón pola terra. Cos cimentos no pasado e a mente no futuro e na
economía sustentable o nome de Airas Moniz relaciónase xa coa mellor
gastronomía galega e os produtos gourmet e acumula xa varios premios no eido
estatal e internacional. Representa un exemplo exitoso dun cambio no modelo
produtivo no sector primario cara o que cómpre ollar.
Todo parte da decisión de dúas familias de Chantada que
reconverteron unha destacada gandería intensiva de leite, no lugar de Outeiro,
nunha explotación máis respectuosa co medio, con vacas máis “felices” e co
poder creativo e transformador da materia prima. Os mofos e as levaduras fan o
seu traballo e o demais está nas mans dos pastos, das vacas jersey e sobre todo
nas de de Ana Vázquez, Suso Mazaira, Ricardo Gómez. Distintas variedades e unha
elaboración netamente artesanal para distintos queixos cun denominador común: a
singularidade.
Concello

Chantada
Saber máis