Eddie Rock, o peregrino pecador que quixo quedarse na Ribeira Sacra

Pantón
18 Xaneiro 2019
Social
Redacción | 18 de xaneiro de 2019
Eddie Rock é unha desas persoas estranxeiras que quixo buscarse a vida na Ribeira Sacra e que paga a pena coñecer. Nado en Irlanda e con boa parte da vida no Reino Unido e moitas voltas polo mundo, o seu lugar é agora a aldea de Rachelo, na parroquia de Vilar de Ortelle, en Pantón. O Camiño de Santiago achegouno a Galicia, e a experiencia mereceu escribir un libro, a 'Guía para Pecadores' da ruta xacobea. Un tono moi desenfadado e un libro cheo de experiencias "ao marxe" que foi o comezo dunha nova vida de redención. Facer comunidade coa veciñanza do rural, aprender galego e castelán, tocar a guitarra e seguir escribindo mentres se dedica a outros oficios son o presente de quen fai chamarse Eddie Rock: Un dos repoboadores de fala inglesa que alimenta, coa súa paixón, unha Ribeira Sacra acolledora e en declive demográfico.
Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis