Máis contido para o Museo Xeolóxico de Quiroga, único en Galicia

Quiroga
29 Agosto 2020
Ciencia
Redacción | 29 de agosto de 2020
O museo xeolóxico de Quiroga ven de ser ampliado e dotado de novos contidos. As novidades foron presentadas polo conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, xa o que o departamento da Xunta achegou 80.000 euros a esta mellora dun dos recursos culturais, científicos e turísticos máis singulares da Ribeira Sacra e o xeoparque Montañas do Courel. Estas salas están dedicadas a divulgar e protexer os valores xeolóxicos da comarca de Quiroga. É o único centro de Galicia dedicado a esta temática.
O museo xeolóxico de Quiroga é a porta de entrada ao territorio Montañas do Courel, o primeiro xeoparque de Galicia protexido pola Unesco. Este centro recibe unas 7.000 visitas anuais e foi inaugurado no ano 2011 amosa un patrimonio natural e etnográfico de excepción.

O centro está dividido en cinco salas expositivas que agora, grazas ás obras de ampliación, contan con maior espazo permitindo que se exhiba unha ampla escolma de pezas que ata agora, por falla de espazo, non podían ser mostradas.

Ademais, as actuacións levadas a cabo tamén permitiron duplicar a superficie do museo creando unha nova sala de proxeccións audiovisuais.

O conselleiro de Cultura en función, Román Rodríguez, sinalou que esta declaración, sumada   á   candidatura   da   Ribeira   Sacra   a   ser   declarada   Patrimonio   da Humanidade, permitirá impulsar a zona, así como a reactivar a peregrinación polo Camiño do Inverno. No acto de presentación das novas instalación tamén participoi o alcalde, Julio Álvarez, e o director do Museo, Ramón Vila.

O obxectivo destas instalación é protexer o legado e a historia paleontolóxica  do territorio. Dende o punto de vista do desenvolvemento económico e concretamente turístico, o representante do Goberno Autonómico consideroi que este recurso contribúe a crear un destino único e diferenciado cunha oferta de calidade nas terras do Courel e da Ribeira Sacra, tamén moi relacionado coas peregrinacións a Santiago por vías con gran potencial como é o Camiño de Inverno que ven dende o Bierzo e entra na Ribeira Sacra, precisamente, por Terras quiroguesas

O Concello de Quiroga informou de que as once salas conservan a estrutura orixinal do edificio divididas en diferentes contidos: a formación xeolóxica, co pregamento de Campolola-Leixazós; a historia paleontolóxica, cun importante rexistro fósil; os cambios climáticos, coas pegadas da última glaciación; as primeiras ocupacións humanas, coa réplica da muller máis antiga atopada na zona; e a minería antiga e recente.

En palabras do xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, prensente neste acto este museo é "a porta de entrada ao Courel antigo", unha porta máxica para "entrar no pasado de Galicia, coa primeira terra e a primeira rocha que sairon do mar".

Vidal Romaní tamén falou de ‘Elba’, a Pastora do Courel, que xa se pode ver no museo. Unha reconstrución, a partir dun óso, da primeira muller que se sabe que habitou na zona hai 9.700 anos.

Precisamente a sala na que se atopa esta réplica de como sería esta habitante do Courel, dedicouse a Vidal Romaní, por ser un gran colaborador deste museo e por atopar xunto coa súa compañeira de equipo, a paleontóloga Aurora Grandal, o óso que serviu para a reconstrución de Elba.

Outra das pezas referentes deste museo: o esqueleto enteiro dun oso das cavernas. Agora, tra-la inauguración desta ampliación, a réplica de Élba únese xa á popularidade do oso cavernario.

Concello