Novo espazo enolóxico na adega da Míllara

Pantón
11 Xuño 2021
Viño
Redacción | 11 de xuño de 2021
A aldea da Míllara, en Pantón, alberga dende hai uns días un pequeño espazo gourmet impulsado pola adega Finca Míllara, instalada na mesma localidade dende a revitalización do conxunto de vivendas tradicionais do lugar. Este recuncho da Ribeira Sacra, unha idea castigada polo despoboamento e o paso dos anos, mereceu un premio pola súa recuperación en consonancia cos materiais e tipoloxías da arquitectura tradicional deste emprazamento.

A aldea da Míllara, en Pantón, alberga dende hai uns días un pequeño espazo gourmet impulsado pola adega Finca Míllara, instalada na mesma localidade dende a revitalización do conxunto de vivendas tradicionais do lugar.

A adega comeza unha nova etapa con este recuncho de sabores a carón do Miño e co seu relanzamento no mercado español e internacional. Cuco Luna, o enólogo residente dende o arranque do proxecto formará agora equipo con Julio Mourelle. A nova fichaxe de Finca Míllara conta cunha dilatada traxectoria no asesoramento de adegas internacionais como Stags Leap ou Stearling Vineyards, no val californiano de Napa. No ámbito estatal, Mourelle pasou por firmas como Dominio de Valdepusa, de Marqués de Griñón.

O 15 de maio, tivo lugar a presentación do novo enólogo nun acto con cata no que sinalou as singularidades de todos os viños de Finca Míllara, xunto á súa diversidade de variedades dentro desta subzona da D.O. Ribeira Sacra. Julio Mourelle confía no futuro deste proxecto vencellado en parte á recuperación da aldea da Míllara para vivendas, xa ocupadas dende hai un tempo por familias cunha gran paixón polo territorio e co afán de levar a cabo proxectos de vida na Ribeira Sacra.

A restauración dos novos espazos da bodega pón o colofón a unha segunda fase que ten a finalidade de resaltar o marco medioambiental que é bo responsable do valor destes viños que nacen a carón dos ríos Miño, Sil e Cabe. Diferentes elaboracións de Finca Míllara baixo unha filosofía de primar o detalle e a excelencia, segundo apuntan dende a propia adega inserida en Galicia Calidade, teñen colleitado numerosos recoñecementos entre os que destacaron unha cualificación de 91 puntos na guía Parker.

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, o presidente do Consorcio de Turismo, Luis Fernández Guitián, e a xerente desta entidade, Alexandra Seara, participaron nun percorrido polas instalación de Finca Míllara e nunha detallada cata. Esta última destacou o “papel vertebrador da Ribeira Sacra como dinamizadora das iniciativas sostibles de alto desenvolvemento cualitativo”. As palabras do rexedor pantonés salientaron o beneficio que supoñen para o conxunto dos concellos iniciativas coma esta, relacionadas empresarialmente cos recursos culturais e tradicionais do territorio, como é o caso da vinícultura. Na mesma liña, o pdte. do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra puxo o foco no crecemento e desenvolvemento global de todo este territorio a pesar dos momentos de pandemia grazas á “ forza da natureza deste contorno de vida e riqueza”.

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis