Sober terá a súa Aula Mentor para achegar formación da poboación adulta
Trátase dun xeito de á poboació, e con especial atención a aquela do rural, dunha oferta formativa, cultural e de difusión das tecnoloxías da información e a comunicación. Entre os seus acenos de identidade, segundo sinalan nunha nota informativa dende a administración local de Sober, destaca o seu carácter aberto, dado que non existen requisitos de acceso e proporciona unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.
O modelo é flexible en ritmos de aprendizaxe, baseado nunha atención titorial personalizada e con materiais desenvolvidos especificamente para o traballo a distancia mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
Para isto, a aula de informática e novas tecnoloxías do Concello de Sober porase a disposición das persoas interesadas para facer un apoio persoal, configurándose como un centro de recursos e de socialización que permitirá, á súa vez, realizar a proba de avaliación, presencial e final, para certificar o aproveitamento dos cursos.
O
procedemento para formar parte é sinxelo. Hai que elixir entre a ampla gama de
cursos ofertados, contactar coa aula, matricularse e pagar as taxas e facer o
curso a distancia que se elixa en horario flexible e facer o exame presencial na
aula de informática. De aprobalo obterán un certificado emitido polo
Ministerio.
O equipo da Aula Mentor de Sober está formado polo AEDL Carlos Losada, a orientadora laboral Beatriz Vivirido e a técnica de informática Rocío Fernández.