Concellos
Data inicial
Data final
Redacción | 8 de marzo de 2019
Tareixa Ledo Regal é unha muller galega, feminista e comprometida coa sociedade que fala neste retrato da necesidade dalgo tan simple e tan escaso como é "o bo trato". Esta socióloga, que ten realizado un amplo traballo comunitario no rural galego é dende hai un tempo facilitadora especialista na Terapia do Reencontro. Naceu en Chantada, na Ribeira Sacra, pero foi emigrante e tamén viaxeira das que se empapan das experiencias. Cunha longa traxectoria profesional en comarcas galegas do rural e tamén na América Latina, que marcan o seu presente, falounos dos seus proxectos actuais nos que ten moito que ver a perspectiva de xénero e a concepción holística das persoas.
Concello
Chantada
Saber máis