A Ribeira Sacra no máis alto do mundo a través do taekwondo
Un logro
memorable do Club Neka da localidade do Cabe que compensa o esforzo destes
mozos baixo a dirección do mestre José María Vega.
Un total de 7
deportistas (Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Carla Novo, Marco García, Arean, Camba
e Laura Álvarez) loitaron dende o principio no mundial, pasando seis deles ás
semifinais e dous ao máis alto.
O taboadés Dani
Areán, agora xa número 8 do mundo, acadou este posto na categoría Júnior e foi
o único europeo que logrou participar nunha disciplina con forte arraigo sobre
todo no seu mundo de orixe, os países orientais. Areán mediuse dando a talla
contra dous deportistas coreanos, dous estadounidenses de orixe asiática, dous
tailandeses e o representante de China Taipéi.
Rivais similares
os do monfortino, dende países con forte implantación desta disciplina ,
destacando o coreano actual campión do mundo. A promesa do Taekwondo de Lemos,
á idade de 20 anos, competiu por streaming no encontro mundial no que
finalmente se quedou con este oitavo posto ben grandioso.
O adestrador José
María Vega celebra estes históricos resultados dos seus pupilos coa ilusión
posta xa no vindeiro europeo, no que aposta por mellorar aínda os bos
resultados da pasada tempada.