Adegas e viticultoras de Chantada seguen reclamando compensacións polas perdas da treboada

Chantada
14 Xullo 2021
Viño
Redacción | 14 de xullo de 2021
Boa parte dos viticultores/as e adegas de Chantada afectados polo pedrazo e a treboada do mes de xuño que perderon a súa colleita ou parte dela seguen a reclamar axudas directas por parte das administacións. Algúns dos afectados/as viven directamente do viño con adegas que son empresa familiar, outras e outros teñen a viticultura como complemento á súa economía, dentro e fóra do amparo da D.O. Ribeira Sacra.

Sindicatos agrarios dan voz ás súas demandas, e tamén as formacións políticas locais da oposición trasladaron esta petición a administración galega e ao goberno local. Esta semana debaterase nun Pleno Extraordinario en Chantada a proposta das veciñas e veciños afectados.

Representantes políticos e técnicos da Consellaría do Medio Rural visitaron daquelas a zona afectada. Polo momento apelaron á contratación dos seguros agrarios para compensar a desfeita. Os afectados e afectadas, na meirande parte dos casos, non teñen subscritos estes seguros argumentando que non se adaptan á realidade produtiva das súas fincas.
Concello
Concello Chantada
Chantada Saber máis