Día do Camiño, co camiño de inverno nas redes

Pantón
22 Marzo 2021
Patrimonio
Redacción |22 de marzo de 2021
A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno conmemora o Día do Camiño 2021 inaugurando as súas redes sociais Facebook e Twitter co nome de 'Camino Jacobeo de Invierno'. Proximamente tamén estarán en Instagram e aproveitarán a tecnoloxía para a difusión deste itinerario. A Ribeira Sacra integra o tramo medio desta singular ruta de peregrinación e os concellos de Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada forman parte desta asociación que quere sumar na promoción deste Camiño de oportunidades para o territorio.
O Día do camiño 2021 da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno festéxase este ano coa estrea das redes sociais deste colectivo que agrupa aos concellos polos que atravesa a ruta. En Facebook e Twitter Camino Jacobeo de Invierno será o nome que identifique a este colectivo, que tamén se incorpora inmediatamente a Instagram. Nunha nota de prensa a devandita asociación sinala que o uso das redes suporá unha lanzadeira para a difusión deste itinerario a Santiago.

A primeira publicación recolle unha selección de fotografías con peregrinos/as ao seu paso por puntos emblemáticos do Camiño de Inverno, dende Ponferrada deica Vedra.

A Junta de Castilla y León recoñeceu recentemente o seu tramo berciano como camiño histórico, o que supón a súa equiparación coa consideración da ruta en Galicia. O Camiño de Inverno, lembran dende a Asociación, “ confórmase coma unha interensante alternativa ao camiño Francés” pola súa paisaxe e o seu interesante patrimonio cultural, entre o que destacan As Médulas e a Ribeira Sacra. Doutro lado, poñen de manifesto, entre os seus valores, a rica e variada gastronomía, coa bandeira da Festa do Cocido de Lalín,  recoñecida de Interese Turístico Internacional, e tamén o paso por catro denominacións de orixe vitivinícolas. Nesta nota, asinada polos municipios unidos, destacan que o sosego e o carácter non masificado do Camiño de Inverno favorecen o cumplimento das medidas sanitarias en tempos de pandemia. Estes factores, e tamén outros, fan que se considere a ruta como unha imprescindible nos percorridos xacobeos a partir desta primavera.

A páxina web da Asociación de Municipios del Camino de Inverno é www.caminojacobeodeinvierno.org

Concello
Concello Pantón
Pantón Saber máis