O xacemento de Proendos anuncia o seu pasado romano e estruturas anteriores

Sober
30 Setembro 2020
Patrimonio
Redacción | 30 de setembro de 2020
O xacemento que actualmente ocupa a varios arqueólogos/as na parroquia soberina de Proendos xa sacou á superficie algúns restos que anuncian a existencia de alomenos unha vivenda que constata un poboado romano e posiblemente construccións anteriores e posteriores de continuidade histórica. A escavación está financiada pola Consellería de Cultura e nesta segunda campaña tratará de vislumbrar novos trazos da historia na Ribeira Sacra con un mes de traballo e dez días en campo.
O xacemento de Proendos xa desvela varios tesouros en apenas catro días despois do inicio da excavación. O equipo de arqueólogos deu a coñecer  a existencia de, polo menos, un complexo termal de extensión considerable, varios elementos de posible carácter público e de servizos, posibles estruturas de habitación, unha probable trama urbana ou estruturas funerarias, así como un hipotético sistema de condución de augas. Os traballos tamén achegaron datos en relación tanto a fases anteriores á ocupación romana, como un posible foso defensivo, quizais vinculable a elementos castrexos, como posteriores, con posibles tumbas e elementos funerarios medievais na contorna da Casa Reitoral de Proendos.

Isto é o que puido adiantar, polo momento, a consellería de Cultura da Xunta, que financia esta segunda fase do proxecto que fora iniciado polo Concello de Sober. As estruturas aprézanse polo momento a un nivel moi superficial. A meirande parte do que asomaba no ano 2019 xa constataba o establecemento das formas de vida de influencia do imperio romano nesta localidade da Ribeira Sacra. 

A actuación, que conta cun prazo de execución previsto de dous meses e unha intervención de campo de dez días, consistirá na realización dunha serie de sondaxes arqueolóxicas avaliativas naqueles puntos que teñen un maior interese histórico-arqueolóxico, como son a zonas da posible existencia dunha ábsida, dun pavimento/mosaico, de almacéns tipo hórreo e dun hipocausto.

Ademais da propia intervención arqueolóxica, tense previsto levar a cabo diferentes accións de divulgación dos traballos arqueolóxicos realizados.

Concello