Tráiler documental 'A Verba Viva'. Ribeira Sacra. Paisaxe Cultural e Patrimonio Lingüístico.

Ribeira Sacra
3 Novembro 2021
Patrimonio
Lorena Gallardo| 3 de novembro de 2021
‘A verba viva’ é un percorrido pola Ribeira Sacra dende moi adentro. Unha viaxe audiovisual por unha paisaxe cultural única que só pode ser entendida dende o patrimonio humano. Son os ribeiraos e as ribeirás protagonistas dun relato que nos leva á verdadeira identidade do territorio.  O obxectivo é recoller, rescatar e divulgar parte dun extenso vocabulario aínda vivo en pequenos recunchos e sobre todo na memoria das persoas que conservan xeitos de vida da ribeira.O documental, de algo máis de unha hora de duración, está producido por Chantada Comunicación e conta co impulso da Dirección Xeral de Política Lingüística e está dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa.
‘A verba viva’ é un percorrido pola Ribeira Sacra dende moi adentro. Unha viaxe audiovisual por unha paisaxe cultural única que só pode ser entendida dende o patrimonio humano. Son os ribeiraos e as ribeirás protagonistas dun relato que nos leva á verdadeira identidade do territorio. A propia conversa coa veciñanza fai emerxer dos ríos Sil e Miño a lingua e a fala propias dun xeito natural:  unha boa parte das verbas singulares que definiron e definen a vida en forte pendente, o patrimonio, a paisaxe, a viticultura e as tradicións.

‘A verba viva’ pretende entreter e guiar ao espectador e promocionar a Ribeira Sacra ao tempo que investiga no seu patrimonio lingüístico. O obxectivo é recoller, rescatar e divulgar parte dun extenso vocabulario aínda vivo en pequenos recunchos e sobre todo na memoria das persoas que conservan xeitos de vida da ribeira: artesáns e artesás, viticultores/as con herdanza familiar e amantes do río e da terra.

O documental, de algo máis de unha hora de duración, está producido por Chantada Comunicación e conta co impulso da Dirección Xeral de Política Lingüística. Foi gravado no inverno deste ano 2021 en varios concellos da Ribeira Sacra nas provincias de Lugo e de Ourense.

Este traballo conta coa colaboración e participación de persoas como o filólogo Anxo González Guerra, o divulgador e contacontos ambientalista Anxo Moure e artesáns como Elías de Gundivós, Fernando Ibarra, Manuel Gómez ( Manolete), o viticultor Primitivo Lareu, a guía do Ecomuseo de Arxeriz Sonia Faria e veciñas da ribeira como Ana Cortiñas. Tamén conta coa colaboración musical de Searas en directo e o grupo Gancho Sanches nos créditos.

Dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa.

Concello
Ribeira Sacra
Ribeira Sacra