Unha aplicación para comunicar incidencias nos recursos turísticos da Ribeira Sacra
A nova ferramenta xa está disponible na web turismo
turismo.ribeirasacra.org e vai permitir mellorar progresivamente o estado dos
recursos turísticos . A través deste apartado da web calquera visitante pode
dar a coñecer as condicións de accesibilidade e mantemento dos puntos de
interese a través dun sistema de xeolocalización automática no que, ademais
dunha descrición poderá engadir unha fotografía para acompañar o comentario que
queira trasladar.
Dar a coñecer incidencias como a falta de sinaliación nalgún
punto dunha ruta de sendeirosmo, o mal estado dos accesos a un mosteiro ou o
estado de limpeza en canto ao lixo no contorno dun miradoiro serán notificados
de xeito inmediato ao Consorcio de Turismo, que se encargará de poñer en
coñecemento aos responsables do recurso en cuestión. Desta maneira inician un
proceso de seguimento do que se manterá informada á usuaria ou usuario co fin
de subsanar a incidencia no tempo razoable e posible. Dependendo do tipo de anomalía poderá resolverse en
horas, días semanas ou meses.
O xeito de ubicar o recurso pode levarse a cabo de
diferentes maneiras: xeolocalización automática do punto onde está o
dispositivo do usuario, localización sobre un mapa ou emprego dun buscador
introduciendo el nombre o lugar del recurso.
Este nova aplicación fai partícipe ao turista da xestión
sustentable e eficiente da Ribeira Sacra mediante a súa colaboración e
compromiso. Tamén permite recoller valoracións e suxestións do destino a nivel
global.