Unha declaración de Patrimonio Mundial que enfoca o valor da auga na Ribeira Sacra

Unha declaración de Patrimonio Mundial que enfoca o valor da auga na Ribeira Sacra

Nogueira de Ramuín

7 Novembro 2023

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

Declaración da Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga: no marco do encontro internacional que se celebrou este mes de novembro no Parador de Santo Estevo ao que asistiron unha trintena de expertos de prestixio internacional. A declaración ten por obxectivo preservar, difundir e poñer en valor o patrimonio cultural vinculado á auga.

Chantada despediu os festexos arredor da empanada e do baile

Chantada despediu os festexos arredor da empanada e do baile

Chantada

30 Agosto 2023

Canle Ribeira Sacra

Social

A tradicional festa da empanada reuniu o martes, 29 de agosto a milleiros de chantadeses, familias e visitantes no castro de San Amaro. As charangas, a música tradicional e a gastronomía pecharon os festexos patronais en honra á Virxe do Carme como manda o costume.

Chantada viaxou no tempo co Folión de Carros 2023

Chantada viaxou no tempo co Folión de Carros 2023

Chantada

28 Agosto 2023

Canle Ribeira Sacra

Memoria,Patrimonio

O final de agosto chega na Ribeira Sacra cunha ollada á historia e ao pasado, á etnografía e ás escenas da sociedade rural e vilega a través do Folión de Carros de Chantada. A localidade gozou durante toda a xornada do ambiente "carroceiro" máis participativo e celebrou o desfile de carros do país e plataformas que sustentaron arredor dunha ducia de relatos das identidades da comunidade local máis antiga e contemporánea nesta Festa de Interese Turístico Galego.

A Mostra dos viños de Pantón celebrou a colleita das tres ribeiras do municipio

A Mostra dos viños de Pantón celebrou a colleita das tres ribeiras do municipio

Pantón

15 Maio 2023

Canle Ribeira Sacra

Viño

O Castro de Ferreira, no Concello de Pantón, albergou o seu ineludible encontro festivo, cultural e gastronómico maridado polos viños das ribeiras do Cabe, o Miño, e o Sil neste municipio. As adegas foron as protagonistas desta reunión que reivindica a cultura do viño e o patrimonio produtivo e monumental do concello.

A mostra dos viños de Pantón marídase con múltiples actividades

A mostra dos viños de Pantón marídase con múltiples actividades

Pantón

3 Maio 2023

Canle Ribeira Sacra

Viño

O Concello de Pantón celebra os días 13 e 14 de maio a XXVIII Mostra de Viños da
Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.Nesta XXVIII edición participan 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado.

XX Festa da Carne ao Caldeiro en Castro de Carballedo

XX Festa da Carne ao Caldeiro en Castro de Carballedo

Carballedo

24 Abril 2023

Canle Ribeira Sacra

Sector Primario

Os produtos da zona e a artesanía completaron o protagonismo dun dos pratos máis característicos da gastronomía galega en Castro de Carballedo. Sen dúbida, a calidade é o que identifica á carne ao caldeiro que se serve especialmente os días de feira nesta localidade do interior de Galicia. Por isto, dende hai máis de 20 anos a veciñanza, especialmente a asociación o Bubaíño, se esmera en manter unha festa dedicada a este manxar.

Promo XX Feira da Carne ao Caldeiro en Castro de Carballedo

Promo XX Feira da Carne ao Caldeiro en Castro de Carballedo

Carballedo

19 Abril 2023

Canle Ribeira Sacra

Turismo

O 23 de abril a localidade de Castro rende homenaxe aos seus produtos locais. A mellor gastronomía da terra ten como pantalla a tradicional carne ao caldeiro que, sobre todo os días de feira, é un reclamo para a comunidade local e os visitantes neste emprazamento rural do municipio lugués de Carballedo, na Ribeira Sacra.

Feira do Viño de Amandi en Sober 2023

Feira do Viño de Amandi en Sober 2023

Sober

2 Abril 2023

Canle Ribeira Sacra

Viño

As adegas da subzona de Amandi amosaron os viños da última colleita na gran convocatoria anual coa gastronomía, a música e as actividades relacionadas co sector vitvinícola e a paisaxe. O público non quixo faltar un ano máis á capitaliade soberina para unha das catas con máis tradición na Ribeira Sacra.

Feira do Viño de Chantada 2023

Feira do Viño de Chantada 2023

Chantada

12 Marzo 2023

Canle Ribeira Sacra

Viño

Reportaxe resumo da Feira do Viño de Chantada celebrada na fin de semana do 9 ao 11 de marzo de 2023. Adegueiros, público, e autoridades cumpliron coa tradición da primeira gran cita anual co viño da Ribeira Sacra.

Taboada reuniuse en torno ao caldo de ósos con apetito festivo

Taboada reuniuse en torno ao caldo de ósos con apetito festivo

Taboada

20 Febreiro 2023

Canle Ribeira Sacra

Social

Emoción e recoñecemento mesturáronse, como afirmou o pregoeiro, Francisco de Romualdo, na XXXI Festa do Caldo de Ósos a pasada fin de semana. Taboada saboreou aqueles ingredientes “que van máis aló dos garavanzos, os ósos da soá e a charouvía e que son son ese compartir cos amigos e coa veciñanza” reivindicar a vida local, o rural e a identidade. Aquí vos deixamos unha reportaxe do noso paso pola vila do carballo na súa gran festa.

Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes. Alba Grande

Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes. Alba Grande

Ribeira Sacra

13 Febreiro 2023

Canle Ribeira Sacra

Educación

Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes’ é unha serie de sete pezas audiovisuais que relatan, a través de distintos perfís persoais, diferentes historias de amor pola lingua que unen a persoas de distintas orixes e procedencias que integran ese esperanzador colectivo dos novos falantes do galego. A finais do ano 2021 Chantada Comunicación S.L. e a Canle Ribeira Sacra colaboraron neste proxecto audiovisual enfocado na difusión da lingua galega e no fomento da autoestima e a posta en valor do uso xeralizado do galego co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Alfonso Campos, un home de lendas

Alfonso Campos, un home de lendas

Sober

30 Novembro 2022

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

Homes e mulleres como Alfonso Campo gardan baixo a ollada limpa e profunda a infinita curiosidade e o amor pola terra. Humanistas de aquí e de hoxe amarrados á antropoloxía do método e, sobre todo, á de patear os camiños, á de escoitar a memoria e á de transmitir as lendas que explican o territorio.

39ª Feira do Viño de Chantada. O reencontro co viño, co territorio e coa xente

39ª Feira do Viño de Chantada. O reencontro co viño, co territorio e coa xente

Chantada

12 Xuño 2022

Canle Ribeira Sacra

Viño

Na Feira do Viño de Chantada participaron preto dunha quincena de adegas. Foi a volta do contacto entre veciñanza, adegueiros e visitantes nunha cita moi simbólica despois da pandemia iniciada xusto despois da última celebración deste evento en 2020.

A feira do viño de Amandi volveu encher Sober

A feira do viño de Amandi volveu encher Sober

Sober

8 Abril 2022

Canle Ribeira Sacra

Viño

“Eu son froito desta terra. Eu nacín aquí e con esta chuvia e este sol fun madurando”. Coma os viños de Amandi, Chechu Salgado, actor orixinario desta terra e recoñecido cun premio Goya, pronunciou o pregón da XLII Feira do Viño de Amandi, un encontro que volveu encher Sober nunha fin de semana de homenaxe ao mundo do viño.

ARQUEOLOXÍA PARA QUEN? RIBEIRA SACRA PARA QUEN?

ARQUEOLOXÍA PARA QUEN? RIBEIRA SACRA PARA QUEN?

A Pobra do Brollón

17 Marzo 2022

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

"Unicamente a través dos estudos críticos (e da autocrítica) poderemos ser útiles para as nosas comunidades da Ribeira Sacra nestes combates pola Historia.A Arqueoloxía que facemos na nosa terra é para con elas, as comunidades. O que non sabemos (ou si) é para quen é ese constructo chamado Ribeira Sacra".

Xurxo Ayán. Arqueólogo.

Sementes na Terra: Alimentando o Futuro

Sementes na Terra: Alimentando o Futuro

Pantón

30 Decembro 2021

Canle Ribeira Sacra

Sector Primario

Xosé García Freire ábrenos as portas da súa granxa Casa da Fonte e da súa vida conectada co mundo dende a terra. Gandería sostible, rexenerativa e futuro posible contra o despoboamento e o abandono.Na #RibeiraSacra trabállanse soños e créanse modelos. 

Penas do Castelo, un dos primeiros castros do noroeste peninsular?

Penas do Castelo, un dos primeiros castros do noroeste peninsular?

A Pobra do Brollón

28 Decembro 2021

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

As probas de carbono 14 revelan que o enigmático xacemento de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea podería ser un dos asentamentos castrexos documentados máis antigos de Galicia. Unha misteriosa e descomunal muralla en forte pendente que data dun momento de transición da Idade do Bronce á do Ferro segue a xerar incógnitas e enigmas que a veciñanza de Salcedo, no Concello A Pobra Do Brollón, se empeñará en desvelar e abrir a toda a comunidade na #RibeiraSacra.

A comunidade, máis que patrimonio e o territorio, máis que unha marca

A comunidade, máis que patrimonio e o territorio, máis que unha marca

Pantón

17 Decembro 2021

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

Volver falar de territorio e non de ‘marca’ Ribeira Sacra é a pista que pode reorientarnos cara a un futuro verdadeiramente sostible. Pero sostible para todas, incluída a comunidade que o habita. A nova estratexia da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade integra moi ben no discurso oficial a participación da comunidade local, o protagonismo da veciñanza. Demostrarase andando, nesta nova parte do camiño. Porque a veciñanza, claro, é tamén Patrimonio, pero non esquezamos que, sobre todo, é Humanidade.

Sober terá a súa Aula Mentor para achegar formación da poboación adulta

Sober terá a súa Aula Mentor para achegar formación da poboación adulta

Sober

10 Decembro 2021

Canle Ribeira Sacra

Educación

O Concello de Sober súmase ao programa de formación aberta ‘Aula Mentor’. As aulas mentor proporcionan unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.

Novos traballos para amosar máis do hórreum romano de Proendos

Novos traballos para amosar máis do hórreum romano de Proendos

Sober

29 Novembro 2021

Canle Ribeira Sacra

Patrimonio

Os segredos da antiga Proencia, asentamento romano en Sober suman visibilidade cunha nova campaña arqueolóxica que pecha o ano na parroquia de Proendos. A Xunta e o Concello de Sober impulsan estes días novos traballos para protexer e ampliar a vista do hórreum aparecido xa na campaña do pasado ano. Trátase dunha estrutura que parece ser única en Galicia e que quedará mellor preparada para as visitas a este xacemento romano que data alomenos do século I ao V.