Declaración da Ribeira Sacra sobre o patrimonio da auga: no marco do encontro internacional que se celebrou este mes de novembro no Parador de Santo Estevo ao que asistiron unha trintena de expertos de prestixio internacional. A declaración ten por obxectivo preservar, difundir e poñer en valor o patrimonio cultural vinculado á auga.
A tradicional festa da empanada reuniu o martes, 29 de agosto a milleiros de chantadeses, familias e visitantes no castro de San Amaro. As charangas, a música tradicional e a gastronomía pecharon os festexos patronais en honra á Virxe do Carme como manda o costume.
O final de agosto chega na Ribeira Sacra cunha ollada á historia e ao pasado, á etnografía e ás escenas da sociedade rural e vilega a través do Folión de Carros de Chantada. A localidade gozou durante toda a xornada do ambiente "carroceiro" máis participativo e celebrou o desfile de carros do país e plataformas que sustentaron arredor dunha ducia de relatos das identidades da comunidade local máis antiga e contemporánea nesta Festa de Interese Turístico Galego.
O Castro de Ferreira, no Concello de Pantón, albergou o seu ineludible encontro festivo, cultural e gastronómico maridado polos viños das ribeiras do Cabe, o Miño, e o Sil neste municipio. As adegas foron as protagonistas desta reunión que reivindica a cultura do viño e o patrimonio produtivo e monumental do concello.
O Concello de Pantón celebra os días 13 e 14 de maio a XXVIII Mostra de Viños da
Ribeira Sacra de Pantón, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.Nesta XXVIII edición participan 9 adegas: Alma das Donas, Casa Moreiras, Finca Míllara, Ciudáseis, Nogueiras, Capilla, Don Ventura e Corzoás. A apertura das casetas farase ás 12:45h do sábado.
Os produtos da zona e a artesanía completaron o protagonismo dun dos pratos máis característicos da gastronomía galega en Castro de Carballedo. Sen dúbida, a calidade é o que identifica á carne ao caldeiro que se serve especialmente os días de feira nesta localidade do interior de Galicia. Por isto, dende hai máis de 20 anos a veciñanza, especialmente a asociación o Bubaíño, se esmera en manter unha festa dedicada a este manxar.
O 23 de abril a localidade de Castro rende homenaxe aos seus produtos locais. A mellor gastronomía da terra ten como pantalla a tradicional carne ao caldeiro que, sobre todo os días de feira, é un reclamo para a comunidade local e os visitantes neste emprazamento rural do municipio lugués de Carballedo, na Ribeira Sacra.
As adegas da subzona de Amandi amosaron os viños da última colleita na gran convocatoria anual coa gastronomía, a música e as actividades relacionadas co sector vitvinícola e a paisaxe. O público non quixo faltar un ano máis á capitaliade soberina para unha das catas con máis tradición na Ribeira Sacra.
Reportaxe resumo da Feira do Viño de Chantada celebrada na fin de semana do 9 ao 11 de marzo de 2023. Adegueiros, público, e autoridades cumpliron coa tradición da primeira gran cita anual co viño da Ribeira Sacra.
Emoción e recoñecemento mesturáronse, como afirmou o pregoeiro, Francisco de Romualdo, na XXXI Festa do Caldo de Ósos a pasada fin de semana. Taboada saboreou aqueles ingredientes “que van máis aló dos garavanzos, os ósos da soá e a charouvía e que son son ese compartir cos amigos e coa veciñanza” reivindicar a vida local, o rural e a identidade. Aquí vos deixamos unha reportaxe do noso paso pola vila do carballo na súa gran festa.
Sen Pelos na Lingua. Historias de Neofalantes’ é unha serie de sete pezas audiovisuais que relatan, a través de distintos perfís persoais, diferentes historias de amor pola lingua que unen a persoas de distintas orixes e procedencias que integran ese esperanzador colectivo dos novos falantes do galego. A finais do ano 2021 Chantada Comunicación S.L. e a Canle Ribeira Sacra colaboraron neste proxecto audiovisual enfocado na difusión da lingua galega e no fomento da autoestima e a posta en valor do uso xeralizado do galego co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Homes e mulleres como Alfonso Campo gardan baixo a ollada limpa e profunda a infinita curiosidade e o amor pola terra. Humanistas de aquí e de hoxe amarrados á antropoloxía do método e, sobre todo, á de patear os camiños, á de escoitar a memoria e á de transmitir as lendas que explican o territorio.
Na Feira do Viño de Chantada participaron preto dunha quincena de adegas. Foi a volta do contacto entre veciñanza, adegueiros e visitantes nunha cita moi simbólica despois da pandemia iniciada xusto despois da última celebración deste evento en 2020.
“Eu son froito desta terra. Eu nacín aquí e con esta chuvia e este sol fun madurando”. Coma os viños de Amandi, Chechu Salgado, actor orixinario desta terra e recoñecido cun premio Goya, pronunciou o pregón da XLII Feira do Viño de Amandi, un encontro que volveu encher Sober nunha fin de semana de homenaxe ao mundo do viño.
"Unicamente a través dos estudos críticos (e da autocrítica) poderemos ser útiles para as nosas comunidades da Ribeira Sacra nestes combates pola Historia.A Arqueoloxía que facemos na nosa terra é para con elas, as comunidades. O que non sabemos (ou si) é para quen é ese constructo chamado Ribeira Sacra".
Xurxo Ayán. Arqueólogo.
Xosé García Freire ábrenos as portas da súa granxa Casa da Fonte e da súa vida conectada co mundo dende a terra. Gandería sostible, rexenerativa e futuro posible contra o despoboamento e o abandono.Na #RibeiraSacra trabállanse soños e créanse modelos.
As probas de carbono 14 revelan que o enigmático xacemento de Penas do Castelo - Arqueoloxía de Aldea podería ser un dos asentamentos castrexos documentados máis antigos de Galicia. Unha misteriosa e descomunal muralla en forte pendente que data dun momento de transición da Idade do Bronce á do Ferro segue a xerar incógnitas e enigmas que a veciñanza de Salcedo, no Concello A Pobra Do Brollón, se empeñará en desvelar e abrir a toda a comunidade na #RibeiraSacra.
Volver falar de territorio e non de ‘marca’ Ribeira Sacra é a pista que pode reorientarnos cara a un futuro verdadeiramente sostible. Pero sostible para todas, incluída a comunidade que o habita. A nova estratexia da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade integra moi ben no discurso oficial a participación da comunidade local, o protagonismo da veciñanza. Demostrarase andando, nesta nova parte do camiño. Porque a veciñanza, claro, é tamén Patrimonio, pero non esquezamos que, sobre todo, é Humanidade.
O Concello de Sober súmase ao programa de formación aberta ‘Aula Mentor’. As aulas mentor proporcionan unha oferta formativa de carácter non formal que se adapta ás necesidades da poboación adulta.
Os segredos da antiga Proencia, asentamento romano en Sober suman visibilidade cunha nova campaña arqueolóxica que pecha o ano na parroquia de Proendos. A Xunta e o Concello de Sober impulsan estes días novos traballos para protexer e ampliar a vista do hórreum aparecido xa na campaña do pasado ano. Trátase dunha estrutura que parece ser única en Galicia e que quedará mellor preparada para as visitas a este xacemento romano que data alomenos do século I ao V.