-
Que é a Canle Ribeira Sacra?
Medio audiovisual en liña, multiplataforma e á carta que da cobertura específica a esta zona de Galicia que comprende 21 concellos de Lugo e Ourense. Pon o foco na cobertura do máis destacado da actualidade, a creación de reportaxes e a creación dun arquivo audiovisual da zona. Busca reforzar as conexións comunicativas entre o territorio, colaborar na súa cohesión interna e proxectalo cara fora.
OBXECTIVOS
-
OS NOSOS CONTIDOS
-
Como é a Canle Ribeira Sacra?
Multimedia ¬ Audiovisual ¬ Multiplataforma ¬ Á carta ¬ En galego ¬ Móbil ¬ Nas redes ¬ Accesible
OS NOSOS CONTIDOS
-
As nosas liñas prioritarias
CONTIDOS
RURALIDADES
TECIDO SOCIOCULTURAL
HISTORIAS/MEMORIAS
TURISMO
PATRIMONIO
-
Os Contidos da Canle Ribeira Sacra
Desafiar o ciclo informativo de 24/7/365 e atender as temporalidade que esixe cada contido. Recuperar formatos que como a entrevista en profundidade ou a reportaxe, que fan interferencia no xeito que temos de consumir contidos hoxe en día na rede. Non imos polo máis novo, o inmediato e o desacostumado. Imos ver as necesidades comunicativas da veciñanza e afondar nelas. Imos por contidos a modo, sen caducidade
QUEN
ACTUALIDADE
REPORTAXES
ARQUIVO
-
Quen estamos detras?
Airoá Comunicación é unha asociación eduactivo-cultural con sede en Chantada. Ten tres liñas de acción: a investigación-acción en medios de comunicación locais, a educomunicación e fomento da accesibilidade tecnolóxica ante a tripla fenda dixital: a rural, a de xénero e a de idade, e a produción documental, especializándose na transmisión do patrimonio e historias locais a través do cinema. Airoá Comunciación recolle o testemuño de Televinte tras vinte anos de emisión, adaptando o proxecto ás particularidades da rede e ampliando contidos e cobertura
INTRAHISTORIA
-
Onde falamos de nós?
A través do noso blog abrimos o proceso como medio. Nel poderás saber máis sobre as nosas accións, o noso equipo, os encontros nos que participamos, entre outros. O noso proceso Tamén estará presente nas redes sociais facebook, twiter e instagram, a través do hashtag #DíaAdíaCanleRibeiraSacra
BLOG